¿Quenes somos?

En Distribuciones Piñeiro Astariz S. L. levamos dende 1984 ofrecendo unha gran selección de artigos e productos de primeira calidade das mellores marcas do mercado, especialmente destinados ao sector hostaleiro e de alimentación da provincia de Pontevedra.

A nosa clientela foinos suxerindo as súas necesidades, forzándonos a medrar, tanto en catálogo como en servicio e calidade.

Temos unha longa e dilatada experiencia baseada na visita personalizada, semanalmente, a toda a clientela, establecendo relacións buscando a eficacia comercial e o beneficio mutuo, logrado a base de esforzo e traballo constante coa axuda dun grupo humano excepcional.

Fernando Piñeiro Astariz (Xerente).