Ibéricos

Os nosos productos Ibéricos de Bellota destacan sobre todos. Elabóranse a partir de porcos ibéricos seleccionados e alimentados no monte a base de landras, herbas e restrollos.

Materia prima de tan alta calidade e unha elaboración tradicional, co descanso necesario en secadoiros naturais, dan como resultado xamóns e embutidos Ibéricos de Bellota cun sabor e aroma excepcionais.

Dispoñemos, ademais, dunha ampla gama de productos ibéricos de cebo e recebo, feitos con moita dedicación e agarimo, para satisfacer aos padais máis esixentes.