Embutidos

Embutidos elaborados con materias primas seleccionadas, coa cantidade de graxa xusta para gozar de todo o sabor que nos proporciona a súa lenta curación.

Como os nosos chourizos e ceboleiros, froitos da transmisión de segredos artesanais e coidadosos procesos de fabricación, onde só tivo cabida a máis moderna tecnoloxía xunto á mellor materia prima e un afumado natural con leña de carballo, que lle dan ese sabor e aroma que os fan sinxelamente deliciosos.

Productos de León; chourizos e salchichóns de Zamora, coa súa flora característica froito dun prolongado período de curación en adega, que lles vai conferir o gusto especial destes; salchichóns e fuets de Cataluña; chourizos de Pamplona; toda clase de embutidos de Salamanca; morcillas asturianas e unha gran selección do mellor de cada terra, ao natural, ou envasados ao baleiro ou en atmosfera controlada, para manter un estado de curación óptimo, conforman unha colección onde atopará o que precise.