Friames

Nos nosos productos buscamos, sempre, compaxinar a máis alta calidade coa experiencia e tradición dos nosos fabricantes.

Friames, nalgúns casos case artesanais, cun sabor e aroma inconfundibles.

Toda clase de xamóns e paletas cocidas, cacheiras e roxóns, mortadelas, salchichas e un grande abano de friames especiais para conseguir ese arco da vella de cores e sabores, para decorar os nosos pratos.

Estar fabricados sen glute, con contidos reducidos de sal ou unha mínima porcentaxe de graxa caracterizan ás nosas últimas incorporacións para satisfacer a acelerada evolución do mercado neste sentido.