Queixos

Ademais dunha gran variedade de queixos de barra para sándwich, dispoñemos dun abano de especialidades: tetilla, manchego, idiazabal, brie, gouda, provolone , feta, etc. que segue crecendo nunha selección continua de productos e fabricantes.

O resultado é unha gama moi ampla de toda Europa, especialmente de queixos de España e cun trato moi especial ás nosas variedades galegas.

Mención á parte, a nosa marca ASTARIZ elabora queixos seleccionando as ganderías máis importantes de cada zona e a utilización da maquinaria máis moderna do sector. O afinado conséguese cunha correcta maduración ata alcanzar a cor, o sabor e a textura que nos caracteriza.