Xamóns e paletas
O xamón é, sen dúbida, unha das estrelas da nosa empresa. Contamos con xamóns e paletas escollidas de porcos graxos e semigraxos, das mellores zonas de producción da península, buscando sempre que mimen a súa mercadoría e que saiban trasladar toda a súa experiencia aos seus curados.
Curando en adega, ou en atmosfera controlada se as condicións ambientais de humidade e temperatura non son as idóneas, conséguese un producto de gran calidade, cun baixo contido en sal e un aroma e sabor natural.
A máis moderna tecnoloxía e unha lenta curación en antigos secadoiros cunha flora especial, dan como resultado o Xamón curado ASTARIZ, un xamón de gran calidade, capaz de transmitirlle unha morea de sensacións nunha pracenteira degustación.
A selección, a calidade e a tradición fan do Xamón curado ASTARIZ un producto único e natural, de exquisito sabor, textura e aroma.
Todas estas variedades, unido ás diferentes presentacións que lle ofertamos, abren o noso catálogo nun grande abano de posibilidades, onde atopará ese xamón que satisfaga as súas necesidades.