Salsas e aceites
Cos mellores ingredientes fabrícanse as nosas salsas, que transmiten un sabor único aos seus pratos e preparacións.
Unha relación calidade - prezo inmellorable en presentacións dende uns poucos gramos ata varios quilos. Poderá encontrar presentacións moi económicas para a cociña e porcións individuais para bocadillos e ensaladas
Sen dúbida o rei da nosa dieta mediterránea é o aceite de oliva, pero ademais ofrecémoslle unha extensa variedade de aceites alto oleico e alto rendemento para a súa frixideira que se traduce en frituras máis sás, crocantes e con mellor sabor, sen desatender o aspecto económico polo aforro de aceite que leva consigo.