Patés

Unha gran variedade de patés, mouses e foies, nacionais e de importación, conforman o noso catálogo.

Elaborados con agarimo a base de fígados de porco, parrulo e gansa e aderezados con especias e viños, ofrecen unha morea de aromas e sabores postos a disposición dos padais máis esixentes.

Rulos 100% parrulo, tarrinas aromatizadas ao Porto, Armagnac ou Sauternes, barras con diferentes texturas e loncheados de 100 ou 150 gr dan resposta a todas as necesidades. Os diferentes graos de untuosidade na textura non varían a súa característica de facilidade no corte.

As súas secretas fórmulas, celosamente gardadas, conseguen un sabor imposible de imitar; e as máis modernas tecnoloxías apórtanlle unha vida útil necesaria para a hostalería actual.